O Parque Nacional das Illas Atlánticas impulsará medidas de accesibilidade para persoas con autismo

O Parque Nacional das Illas Atlánticas impulsará medidas de accesibilidade para persoas con autismo
Imagen de archivo: https://www.cope.es/

O Parque Nacional das Illas Atlánticas impulsará medidas de accesibilidade para persoas con autismo

A Xunta de Galicia nomeou á bióloga e divulgadora medioambiental Xiana Fernández-Albor como nova presidenta do Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, en substitución de Fernando Garrido Valenzuela. Asume o cargo con “humildade e moita emoción”, consciente da responsabilidade de xestionar o único parque nacional de Galicia e un dos máis visitados do Estado.

O Goberno galego confía en que o seu perfil técnico vinculado á conservación e ao estudo dos ecosistemas mariños permita impulsar medidas baseadas no coñecemento científico e na participación dos sectores implicados.

OBJETIVOS E TRABALLO EN EQUIPO

Nunha entrevista en COPE tras o seu nomeamento, Fernández-Albor sinalou que prefire falar de “obxectivos” antes que de retos.

Amosa a súa intención de traballar de forma coordinada co equipo que lidera o director conservador, José Antonio Fernández Bouzas.

Entre as súas prioridades destaca converter o Parque Nacional nun “refuxio para a integración de persoas con diferentes sensibilidades”. Neste ámbito, puxo en valor iniciativas como a colaboración con Amicos para facilitar o acceso a persoas con autismo ou o traballo coa unidade de drogodependencias de Ribeira, que achega a natureza a persoas con adiccións.

UN “LABORATORIO VIVO”

Outro dos eixos da súa xestión será reforzar o parque como un “laboratorio vivo” para a aprendizaxe científica e técnica.

A presidenta subliñou a importancia da colaboración con universidades galegas e centros formativos, como a escola de capataces forestais de Lourizán.

Neste contexto, destacou traballos como a eliminación de especies exóticas invasoras, entre elas as acacias nas illas Cíes. O obxectivo non é só erradicalas, senón recuperar os hábitats orixinais, algo que xa se reflicte no aumento de orquídeas nas Cíes ou na redución de eucaliptos na illa de Cortegada, onde apenas quedan tres exemplares por retirar.

TURISMO SOSTIBLE E CONTROL DE VISITANTES

En relación coa xestión turística, Fernández-Albor insistiu en que a conservación debe prevalecer sobre calquera actividade.

Explicou que os cupos actuais de visitantes baséanse nun estudo de capacidade de carga incluído no Plan Rector de Uso e Xestión (PRUG).

Non obstante, avanzou que se realizará un novo estudo para avaliar se é necesario axustar eses límites. O seu plantexamento pasa por fomentar un turismo “realmente sostible”, promovendo experiencias como as rutas guiadas oficiais que permitan coñecer o parque sen danalo.

Ademais, puxo o foco na importancia dos fondos mariños, lembrando que boa parte do valor natural deste espazo protexido atópase baixo a auga.